Reportaxe no Diario de Arousa

Dende o Diario de Arousa interesáronse en coñecer a nosa asociación. O noso agradecemento pola atención prestada. Esta é a reportaxe, realizada por Lucía Romero e publicada hoxe, 19 de abril de 2012:

Click Cambados: a fin das fotos prefabricadas

L. Romero

A asociación Click Cambados podería ter quedado nunha conversa de taberna entre dous amigos afeccionados á fotografía con ganas de compartir experiencias e crear máis adeptos na vila. Non obstante, Marcos Escudeiro e Iago Pillado levan dentro ese espíritu cambadés, da terra que da grandes mentes e decidiron poñer en marcha o proxecto. Poco despois uniuse Claudia Silva, con raíces na capital do albariño pero afincada en Vigo. Xuntos son Click Cambados e por separado, tres mozos autodidactas con profesións dispares (Pillado é avogado, Escudeiro economista e Silva, estudiante de deseño gráfico publicitario) que queren axudar a todos os amantes da fotografía a sacarlle o máximo rendemento as súas cámaras.

Moita xente a pon en automático e non sabe que hai infinidade de posibilidades. Temos amigos que o fan e logo se queixan de que pola noite lles saen movidas”, explica Marcos Escudeiro, que é o presidente. De feito, entre os seus obxectivos máis inmediatos está a realización de cursos de manexo, así como de programas informáticos e rutas didácticas pola vila para aproveitar os elementos que ofrece un paseo cotidiano e ensinar a captalos, dende xente correndo ata unha posta de sol.

Todo por unha foto

En resumidas contas, queren espertar o interese durmido pola fotografía que, están convencidos, está presente na sociedade cambadesa, para enriquecerse mutuamente compartindo experiencias e, ao mesmo tempo, pasar bos ratos. “Non queremos facer socios por facer, isto non é un equipo de fútbol”, bromea Escudeiro. De feito, inscribirse é tan sinxelo como entregarlle unha instantánea. Non cobran nin cuota, “para que todo o mundo poida apuntarse sen escusas”. E non piden “nada espectacular”, engadiu o presidente, simplemente bo ambiente.

De feito, Cambados Click xa emite tan boas vibracións que en pouco tempo de vida -oficialmente existe dende o 27 de marzo- ten máis de 100 amigos no Facebook e o seu blog rexistrou máis de 1.000 visitas e xa ten en “nómina” a un bo número de amigos que o empregan como escaparate das súas creacións. Algúns deles son coñecidos na vila como a profesora e investigadora de Francisco Asorey, Maribel Iglesias, pero tamén hai novos valores, como un rapaz de Portonovo que vive en Portugal, que saen á luz grazas a Click Cambados, e esa é a maxia desta asociación.

Antes tiñas que saber máis de fotografía” e ademais, no tempos das analóxicas “era impensable que un rapaz calquera puidera ter esta afección. Agora, coas dixitais é máis barato, cómodo e fai que haxa máis bos fotógrafos”, manifesta o presidente. De feito, Escudeiro lamentábase: “Cantos talentos quedarían sen descubrir!”. Porque, segundo el e os seus compañeiros, parar o tempo nunha imaxe para a posteridade “gústanos a todos, son os nosos recordos. Como dicía unha muller, que tiña un arquivo enorme, “é a enciclopedia da miña vida””.

Con eles, calquera poderá retratar os seus mellores momentos e esas paisaxes urbanas ou naturales que tanto cativan. As verbas obturador ou flash de recheo no serán estrañas se non compañeiras de viaxe e, dende “Click”, prometen e piden compartir a paixón por esta afección. Ademais, coa súa creación, Escudeiro, Pillado e Silva están aportando máis diversidade, se cabe, ao movemento asociativo da vila que, si ben ten dúcias de organizacións de todos os tipos, fáltaballe unha adicada ao arte da instantánea.

Diario de Arousa 19/04/2012

Queres comentar algo?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s