Hoxe imos a inaugurar a nosa sección de debuxos, pois non todo van ser fotografías nesta vida.
Unha boa forma de facelo é cos debuxos de Quico, que aínda sendo en moitos dos caso para un público infantil non deixan de ter sátira social e estar de plena actualidade. Podedes desfrutar de moitos máis no seu blog Cousas de Quico

Con estas viñetas gañou o 1º Concurso Internacional “La tira por los derechos humanos” que convocara a Fundación Fernando Buesa Blanco.
Se queresdes saber algo máis deste artista afincado en Santiago, clientes editoriáis, premios…,visitade o seu blog: Cousas de Quico
Molan los dibujos!