Hoxe contamos coa colaboración de Anabel Carrión (blog / twitter), que nos presenta unha serie de tres imaxes baixo o título O mar e a luz. Son tres instantáneas que teñen como denominador común ao mar, e que foron tomadas en tres distintos lugares e momentos do día; na Coruña ao mediodía, cun ceo encapotado; ao anoitecer en Castrelo; e de noite cunha lúa case chea, no Grove.
- “Atada ao mar”. Momento: solpor. Lugar: Castrelo, Cambados. O que se ve difuminado ó fondo é a Illa da Toxa.
- “Barca”. Momento: mediodía. Lugar: Porta da Coruña.
- “Lúa”. Momento: noite. Lugar: Pedras Negras, San Vicente do Mar, O Grove.
As fotografías están tomadas cunha cámara reflex Canon EOS 550D, e foron editadas co programa Aperture de Apple. Pódense ver en tamaño máis grande, e saber máis sobre os datos EXIF na súa conta de Flickr:
Muy buenas las tres, la de la barca especialmente, muy equilibrada la composicion con colores, con relacion 2:1 entre azul y rojo-naranja, que son complementarios