O Fotoforum Compostela analiza os aspectos legais da fotografía

Artigo de Anabel Carrión (@algarabiakunst)

Autor: Fuco Reyes

O martes pasado acerqueime ata o Fotoforum Compostela, un espazo impulsado polo fotógrafo Fuco Reyes, e que pretende servir como punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas no mundo da fotografía. Nesta ocasión, Visi López del Riego, avogada especialista en asesoría xurídica, encargouse de desentrañar os aspectos legais que atinxen á fotografía.

 Comezou enumerando os dereitos de autor, dos cales destacaría, que sempre tes dereito a que te mencionen como autor e que as túas obras tan só se poden modificar co teu consentimento.

En referencia a este aspecto, un fotógrafo que participou no encontro, indicou que nos periódicos non sempre fan mención ao seu nome, e neste caso a avogada reafirmou que sempre tes o dereito a reclamar que te citen como autor da fotografía. Cabe indicar que este precepto tamén é válido para os que somos afeccionados á fotografía.

En canto ao qué podemos fotografiar, no caso de persoas, por norma xeral sempre están prohibidas as imaxes reconocibles de persoas, salvo consentemento expreso das mesmas. Quedan exceptuadas desta norma as persoas cunha adicación profesional no ámbito público e sempre que se atopen nun lugar público e as persoas que aparecen en imaxes accesorias que perseguen un interese social, económico ou político, por exemplo se nos toman unha foto nunha manifestación. Visi López fixo especial fincapé na fotografía de menores: sempre debes contar coa autorización dos pais. No caso de obxectos, todos aqueles que estean permanentemente na vía pública, pódense fotografiar.

 No referente á protección das fotos, mencionou que se pode facer por distintas vías: no Rexistro da Propiedade Intelectual, a través dun depósito notarial ou con mecanismos como Safe Creative, que ademais de poder tramitarse por internet é gratuito.

Falou tamén dos tipo de contratos, dos que tan só mencionar que podemos ceder só parte dos dereitos. En canto as licenzas Creative Commons, que son gratuitas, podemos elixir entre 6 tipos. E no caso de que algún dos teus dereitos fose vulnerado, e segundo o caso, podes reclamar por vía civil ou  penal.

Como ben dixo Visi, e aplicable tamén á vida en xeral, non vos esquezades de empregar o sentido común e, ante a dúbida, pedir permiso para fotografiar a algunha persoa ou obxecto, sobre todo no ámbito privado. Recordade tamén que, aínda que moitos de nós sexamos fotógrafos afeccionados, temos dereito a reclamar a que indiquen o noso nome nas fotos.

 Próximo encontro

 Terá lugar o martes 13 de novembro no CGAC. Neste encontro levarase a cabo un visionado de portafolios, onde cada participante pode aportar as súas imaxes. Atoparedes máis información ao respecto no Facebook do Fotoforum Compostela.

One thought on “O Fotoforum Compostela analiza os aspectos legais da fotografía

  1. milloaleira di:

    Paréceme moi interesante o contido deste post, pois esta información serve de utilidade tanto a fotógrafos profesionais como a calquera persoa que tome unha fotografía….antes de facelas públicas todos deberíamos ter claros uns conceptos básicos de boas prácticas.
    Saúdos!

Queres comentar algo?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s