Debuxo: Eduardo Baamonde (1962)

Eduardo Baamonde é un pintor galego nado en Vilalba (Lugo) no 1962.

Traxectoria

En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo). Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade nos certames de pintura rápida, acadando varios premios e recoñecementos. Tamén é de destacar a súa actividade como ilustrador, pois publicáronse recentemente dous textos de Ramón Caride ilustrados enteiramente por Baamonde (Ed. Everest).

No  ano 2005 publicouse “Tanta Miga e a súa barriga” (Baiaedicións) e no 2006 “Plexiflai non foi ao festival” (Everest); os dous son contos infantís escritos e ilustrados polo propio Baamonde.

No 2008 publícase Aventura na Mariña; libro promocional desta comarca lucense no que os personaxes creados e debuxados polo propio Baamonde viven unha aventura que serve de pretexto para ensalzar os valores paisaxísticos, patrimoniais, gastronómicos e culturais da Mariña. Este conto profusamente ilustrado foi encargado polas tres Fundacións Comarcais da Mariña e publicado pola Dirección Xeral de Turismo.

No ano 2009 publica “Polo Salnés con Ramón Cabanillas”(CANDEA), un caderno de viaxe no que as acuarelas de Baamonde acompañan os poemas de Cabanillas facendo un percorrido por todo o Val do Salnés.

No 2010 publícanse, tamén en formato de caderno de viaxe, “De acuarelas por Santiago” (CUMIO) no que Baamonde tamén é autor do texto e “Ruta Pardo de Cela” (TRASLUZ LUKUS).

[Biografía obtida da súa páxina web]

Cambados en acuarelas

Ven de saír á venda o seu libro Cambados, unha recopilación de acuarelas sobre o pobo no que reside e traballa, publicado por Faktoría K de Libros (48 p., 14,00 €). Por ser un dos obxetivos da asociación o fomento de todas as artes plásticas, queremos saúdar a súa publicación cunha pequena escolma desas imaxes.

Queres comentar algo?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s