Harry Gruyaert (1941) é un fotógrafo belga membro da Axencia Magnum. Ao longo da súa carreira fotografiou o seu país natal, a India, Xapón, Marrocos, Rusia, Irlanda ou Francia. A este último país corresponde esta imaxe, pertencente a unha serie sobre ribeiras. Tomouna en 1991 na baía do río Somme. Máis imaxes na páxina da Axencia Magnum.