Colaboración: Muelles, de Daniel Chapela Cordeiro

 

Daniel Chapela Cordeiro achéganos imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer. Estas pertencen ao seu proxecto personal Muelles. Podedes ver o seu traballo completo aquí.

Aquí a súa explicación:

“¿Que acontece cando sabemos que algo vai desaparecer? ¿Cando entra nunha etapa de decadencia e decatámonos de que é irremediable a volta atrás, quedando como un recordo, unha sombra do que foi?

Nese momento, cando te decatas de que está a rematar comezas a ver cara a atrás, a recompilar eses recordos prezados, collendo forzas para o adeus definitivo.

Algo parecido é o que me acontece cos peiraos, a desaparición destes, é cada vez é máis acusada, moitos deles por falta de uso, outros porque quedarán incluídos dentro doutros moito maiores e con usos totalmente distintos.

Dende a miña infancia pasei días e días, pescando, xogando ou simplemente tomando o sol e charlando nun destes peiraos. Ao ver que cada vez desaparecen e faise máis difícil encontralos doume conta das sensacións que me transmitían e aínda hoxe en día me seguen transmitindo. Cando estás nun destes sentes unha sensación de calma, sosego, plenitude e admiración.

Recordo os días no peirao, o sol, a brisa e o mar, aquel arrecendo a mar que o enchía todo, días de felicidade. Os días de tormenta amplificabanse vendo o mar picado, as ondas chocando contra as rochas, as nubes negras, creando un ambiente sublime que me deixaba impresionado. O adeus é inevitable pero sempre  quedaranme os meus recordos, as miñas imaxes que agora comparto, imaxes que mostran algúns dos poucos peiraos que quedan e aqueles tesouros que nos podemos encontrar neles, esas arandelas de amarre, as cordas, as redes que co paso do tempo avellentan xunto ao seu dono, o peirao. Un envellecemento que o leve talvez  ao seu final pero que parece embelecelo cada día que pasa.

Será un adeus, pero non de todo real, pois sempre estarán na miña memoria.”

Colaboración: Juan Rey

Carril
1/200
f/5.6
iso 800
55mm

Nogueira de Ramuín
1/2000
f/5.6
iso 400
55mm

Ponte Maceira
1/2500
f/5
iso 800
32mm

San Xusto
20 seg
f/29
iso 100
30 mm

Gracias por esta nova colaboración a Juan Rey que aínda que asegura que non ten ningunha fixación coa auga; vos diredes…

A modo de curiosidade podemos salientar os distintas formas de fotografiar a auga. Na primeira foto, cunha velocidade de obturación de 1/200 segundos, a auga fica paralizada, mentres que na última foto, cunha velocidade de 20 segundos, a auga queda plasmada como unha manta suave.

Animádevos a probar, a fotografiar a auga con distintas velocidades de obturación, pero ollo, as veces necesitaredes un trípode.!!!

Colaboración: Ángel Torres Escalante

Ángel mándanos esta imaxe, unha preciosa captura dunha gota de auga. Este tipo de fotos é unha práctica moi útil e común para tomas de moi corta velocidade de obturación. Ten os seguintes datos exif:

VELOCIDADE DE OBTURACIÓN 0,004 sec (1/250)
APERTURA DE DIAFRAGMA f/8.0
LENTE 50 mm
ISO 100
TENDENCIA DE EXPOSICIÓN 0 EV
FLASH On, Return detected
Xunto coa foto, tamén nos manda un útil tutorial de cómo capturar gotas de auga.
Máis fotos de Ángel na súa web.