Fotógrafos: Quico Álvarez (1968)

Fotógrafos: Quico Álvarez

Panorámica da desembocadura do río Umia, en Cambados, polo fotógrafo Quico Álvarez Vidal (Tarragona, 1968). O seu interese pola fotografía remóntase ó 1987, posteriormente estudia no Instituto de Estudios Fotográficos de Cataluña, e comenza a súa carreira profesional cun reportaxe en Croacia e Bosnia no 1992. Máis información na súa páxina.

Advertisements

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados

Autor: Marcos

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados. Autor: Marcos.

A Torre de San Sadurniño é un claro emblema de Cambados, o cal queda patente no gran número de veces que poñemos fotos nesta páxina.

Nesta ocasión  xógase coa composición, cedendo espacio a outros elementos na imaxe, desplazandoa do primeiro plano e non dándolle toda a importancia a este elemento, que sen embargo resalta igualmente, pois rompe a simetría da foto.

A foto foi tomada as 19:28 horas a punto de meterse o sol, pero nesta ocasión a neboa baixa que habia filtraba o a luz do sol e facía ver uns tons azul-grisaceos distintos das habituais cores cálidas.

Autor: Marcos

Solpor en Cambados

Parece que cada vez máis xente se anima a enviar as súas colaboracións. Esta vez é o turno de Eulogio Romero, que nos envía dúas postas de sol, sacadas en Cambados o 11 de marzo de 2009, ningunha das cales está editada.

Grazas polas colaboración, e aos demáis, animádevos a participar 🙂

Volta Ciclista a España ao seu paso por Cambados

M. Carmen Pillado

Hoxe contamos coa colaboración de M. Carmen Pillado (Cambados), sobre a Volta Ciclista a España ao seu paso por Cambados o 1 de setembro do 2011.

Como é coñocido por todos os seus amigos e familiares, M.Carmen fai fotos dende sempre,e segue sendo fiel aos 35mm da súa reflex NON dixital, o cal non lle impide ter centos de fotos, que organiza e cataloga con mimo. Nas súas propias palabras “é a enciclopedia/biografía da súa vida e dos que a rodean”.Graciñas pola colaboración.