Entretenimiento para unha tarde de chuvia

Esta imaxe non é máis que un pequeno experimento.
Trátase dun negativo fotografiado sobre unha fonte de luz branca (neste caso puxose o negativo sobre unha pantalla dunha tablet).
Posteriormenta invirtense as cores con calquer programa e xa temos a imaxe positivada.
O resultado non é de calidade pero pode ser un bo xeito de pasar o rato desfrutando coa fotografía analóxica e das novas tecnoloxías.

"Positivada" "negativo"

Fotografía nocturna. Practicando.

A fotografía nocturna é toda unha experiencia. A moitos nos gustaría dominala, pero non é fácil. De todos os xeitos e a pesar do mal tempo decidinme a facer unha primeira incursión. Espero que a primeira de moitas.

Dous foron os escenarios escollidos, a Torre da San Sadurniño e  As ruinas de Santa Mariña, en Cambados. Da Torre non tiven resultados, debido a ausencia de lúa e á falta de práctica, o que fixo que me decidise polo outro típico escenario Cambadés con algo máis de luz, As ruinas.
Estes foron os resultados.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 3.5
V 15 segundos
3 disparos de flash no interior.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 6.3
V 60 segundos
2 disparos de flash no exterior
3 disparos de flash no interior

Exposición e venda “Fotos na Praza” Praza das Rodas, Fefiñans, Cambados

Este venres 8 de xuño inauguramos con gran éxito de asistencia a primeira exposición colectiva de Click Cambados, sendo os autores das fotos Iago Pillado, Claudia Silva e Marcos Escudeiro. A mostra estará  nas fachadas dos bares (en caso de mal tempo no interior) situados na Praza das Rodas, Fefiñans (36630) Cambados ata o 24 de xuño e durante o horario de apertura dos establecementos colaboradores: Lume de Leña, Vago Viños, A Casa da Leña e A Fonte do Viño

A posta en escena contou coa colaboración do grupo musical “Gerundio Canto” composto por Tino González, José Mª Trigo e Félix Solla aos que dende aqui lle queremos dar as GRACIAS.

O resultado acadado neste primeiro acto público da asociación fainos pensar en novas actividades, cursos, exposicións, excursións fotográficas… para elo necesitamos recadar fondos, e por eso os recursos conseguidos coas vendas das fotos adicaranse exclusivamente a actividades da Asociación Cultural de Fotografía Click Cambados.

Fragas do Eume e Mosteiro de Caaveiro no pasado (Febreiro do 2012)

Fotos: Marcos A Escudeiro

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados.

Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo[4]. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapiña.

Fonte do Artigo: Wikipedia