Fotógrafos: Brassaï (1899-1984)

Moitos fotógrafos retrataron a noite de París, pero ningún acadou a fama de Brassaï. Baixo ese seudónimo traballou o húngaro Gyula Halász (09/09/1899-08/07/1984), que se mudou á cidade cando tiña 25.

Nesa época de entreguerras, París era o maior foco cultural de Europa e un dos maiores do mundo. En 1933 publicou o libro Paris de nuit, que axiña se convertiu nun éxito. As súas imaxes nocturnas de cabarets, artistas, amantes, gárgolas, rúas valdeiras, cafés, ou o río Sena, contribuíndo a divulgar a parte bohemia da cidade.

FROMANTEEL-WALLET-CAMPAIGN-BRASSAI-5-768x1024

Fotógrafos: Joel Meyerowitz (1938)

Cando comenzou a fotografía en color, moitos fotógrafos resistíanse a apreciala como un arte. O neoiorquino Joel Meyerowitz (6/03/1938) foi un dos principais defensores de que non só en branco e negro se podía obter un resultado artístico. Logo de alternar as dúas técnicas, desde hai corenta anos só fotografía en color.

Autor de dezaseis libros, recoñecido e premiado en todo o mundo, Meyerowitz foi o único fotógrafo ao que se lle permitiu entrar na Zona Cero de Manhattan, xusto despois dos atentados do Once de Setembro.

Joel Meyerowitz_2011-221

Páxina: www.joelmeyerowitz.com/

Fotógrafos: Gjon Mili (1904-1984)

Nado en Albania, criado en Romanía, e finalmente asentado nos EUA, Gjon Mili (28/11/1904-14/02/1984) foi un fotógrafo recoñecido polos seus retratos en branco e negro de artistas para a revista LIFE. Mili emigrou aos EUA para estudar enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. No 1937, inspirado polos traballos sobre a luz estroboscópica realizados por Harols Edgerton nesa institución académica, comenzou a empregala nas súas fotografías.

Cubreu así mesmo o xuízo a Eichmann en Xerusalén, a rodaxe da película “West Side Story”, ou improvisadas sesións de jazz no seu propio estudio, nos anos 40. Pero se por algo é lembrado é polo seu modelo estrela; o pintor malagueño Pablo Picasso, ao que retratou durante case vinte anos.

picasso-gjon-mili-7

Máis imaxes: LIFE

Fotógrafos: John T. Daniels (1873–1948)

Non só os fotógrafos profesionais acaban pasando á posteridade. Ás veces abonda con estar no momento oportuno. Foi o que lle pasou a John T. Daniels (1873–1948), que ata tal día coma hoxe, no 1903, nunca usara unha cámara.

Ese 17 de decembro, sen embargo, a petición dos irmáns Wright fotografiou o primeiro vóo a motor sustentado e controlado da Historia, en Kitty Hawk, Carolina do Norte. Para pasmo dos presentes, unha máquina foi capaz de manterse no aire durante doce segundos, percorrendo 36,5 metros. O rexistro da fazaña permiteu, ademáis, que os irmáns obtiveran a patente dese prototipo de avión, o Flyer I.

First flight2

Fotógrafos: Mario Tama

Mario Tama é un fotoxornalista con base en Nova York. Graduado en fotoxornalismo en 1993, comenzou traballando para xornais da área de Washington, e en 2001 fichou pola prestixiosa Getty Images.Cubreu as guerras de Afganistán e Iraq, o terremoto de Haití, ou a devastación que causou en Nova Orleans o Furacán Katrina, así como a evolución desa zona os anos posteriores. A esta última serie corresponde esta imaxe, tomada o 6 de setembro de 2005, logo do paso do furacán.

Páxina: mariotama.com
Imaxe

Fotógrafos: Isadora Kosofsky

Cando a californiana Isadora Kosofsky tiña 15 anos faleceu a súa avóa: “A dor que trouxo o seu falecemento levoume a documentar as vidas e as relacións entre os anciáns, sobre todo mulleres, en Los Angeles, ao longo de catro anos“. Agora, con só 18 anos, ven de recibir o prestixioso premio Inge Morath Award na súa edición do 2012 pola súa serie Os tres.

Logo de tres anos con esta temática, coñeceu a quenes serían protagonistas da parte máis coñecida da súa obra; o triángulo amoroso formado por Will (84 anos), Jeanie (82) e Adina (90). Na súa serie, Isadora recolle a vida cotiá destes anciáns que viven a súa relación abertamente na prórroga do seu percorrido vital.

Isadora Kosofsky

Páxina: isadorakosofsky.com

Fotógrafos: Daniela Rossell

En México, a pobreza extrema de gran parte da poboación contrasta cunha riqueza sen límites duns poucos. Coma parte da élite política e económica, a fotógrafa Daniela Rossell, filla dun alto cargo do PRI, criouse nun ambiente ao que a maioría dos seus compatriotas só teñen acceso a través das telenovelas.

Daniela Rossell

Nese contexto, realizou unha serie de retratos das fillas desas familias adiñeiradas, fotografiadas nas súas vivendas. Logo plasmouse nun libro, “Ricas y famosas” (2002). Se ben as propias rapazas se prestaron ás fotografías, o novorriquismo, horror vacui e unha imitación confusa do que se supón o estilo de vida aristocrático, provocan un resultado tremendamente irónico. Máis imaxes en Behold, o fotoblog da revista Slate.

Fotógrafos: Anton Corbijn (1955)

Hoxe non hai foto, senón vídeo. O motivo é que esta vez queremos fixarnos na obra do fotógrafo e director Anton Corbijn (20/05/1955, Strijen, Países Baixos). Se ben na súa vertente coma fotógrafo destaca polos seus retratos de cantantes e músicos famosos, Corbijn é autor de moitos dos videoclips máis coñecidos da música contemporánea, con traballos para U2, Metallica, RHCP, REM, Nirvana, Travis, Coldplay, Depeche Mode…

Para este último grupo, co que colabora habitualmente, rodou en 1990 o video da que é probablemente a súa canción máis coñecida Enjoy the silence. Para ilustrar o contido da canción, amósanos ó lider da banda, Dave Gahan, coma un rei que “tendo todo no mundo, só busca un lugar tranquilo onde descansar“. Así mesmo, tanto pola estética coma polo tema, o vídeo ten reminescencias do conto O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (1900–1944).

Se votades unha ollada ó listado das súas creacións, seguramente vos soprenda ver cantos dos videoclips máis coñecidos son obra deste autor holandés.

Fotógrafos: Enric Adrian Gener (1982)

Enric Adrian Gener (Menorca, 1982) está especializado na fotografía submarina, á que chegou pola súa afección ao buceo. Peixes, baleas, surfeiros ou modelos, todo desde unha perspectiva subacuática: “A partir de 10 metros no tienes rojos, luego pierdes amarillos y a partir de 50 metros ya no tiene claros. Me gustan los dos extremos. Cuando bajo por debajo de los 50 metros me gustan las fotos angulares casi en blanco y negro”.

Web: 27mm.net

 Enric Adrian Gener