Flor

Autor: Iago.

Datos:

  • Formato: RAW (CR2)
  • Canon EOS 400D
  • Sen flash.
  • Tempo de exposición: 1/160 (0,00625 segundos)
  • Número F: f/5
  • ISO: 100
  • Balance de brancos: manual.
  • Módulo de medición: matriz.
  • Lonxitude focal: 43 mm
  • Lente: EF-S18-55mm f/3.5-5.6
  • Software de edición: Photoshop Lightroom 4.1

Para ver a imaxe no seu tamaño máis grande, preme aquí.

Venres 8 de xuño (20:30) Exposición de fotografía de “Click Cambados” na Praza das Rodas, Fefiñáns, Cambados , con concerto de “Gerundio Canto”

O día oito de xuño ás 20:30, Click Cambados preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas: Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo Gerundio Canto, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compóñeno Tino González, Jose Mª Trigo e Félix Solla. (foto inferior)

Exposición “Saudarte” no Pazo de Torrado

Este venres, ás oito da tarde, inaugurarase no Pazo de Torrado a sexta edición da exposición “Saudarte“, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. A mostra estará composta por trinta e seis obras, entre pinturas e fotografías, realizadas por estudantes do IES Ramón Cabanillas, alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e por afeccionados.

A intención desta mostra é : “divulgar entre a mocidade a arte como actividade de lecer saudable, fomentando a creatividade e a cultura como manifestacións enriquecedoras da persoa, empregando a arte como vehículo de sensibilización social fronte á problemática do consumo de drogas

Hai dous anos, a mostra celebrárase na vila veciña de Vilagarcía de Arousa.

  • Lugar: Pazo de Torrado, Rúa do Príncipe, Cambados (mapa).
  • Inauguración: venres, un de xuño de 2012.
  • Finalización: domingo 10 de xuño de 2012

Gerundio canto

O venres oito de xuño inauguraremos a nosa exposición. Coma avisamos, teremos a sorte de contar coa actuación do grupo Gerundio canto. Será tamén a súa presentación en público. Comprácenos compartir esta canción súa, que da nome á formación. Espemos que vos guste tanto como a nós, e vaia desde aquí o noso agradecemento á súa colaboración.

Primeira exposición de fotografía de “Click Cambados”, con concerto de “Gerundio Canto”

Praza das Rodas, Fefiñáns, Cambados

O día oito de xuño, Click Cambados preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas: Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo Gerundio Canto, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compóñeno Tino González,Félix Solla, Jose Mª Trigo.

Inauguración da exposición de traballos do módulo de fotografía do alumnado do 2º ano do ciclo de Gráfica Publicitaria en aulaD, Vigo

Imaxe

A partires do día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos cunha exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 16 de maio

Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h. de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.

Fonte: aulad.com/blog

Valentín Paz-Andrade

É un pracer mudar as fotos por letras nestes días,  e facer a nosa pequena homenaxe a Valentín Paz-Andrade e a Galiza, mudando a nosa imaxe de cabeceira e difundindo a figura de Paz-Andrade.

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

Fonte: http://www.valentinpazandrade.es