Qué é CKC

Click Cambados é unha asociación fotográfica e cultural, con sede en Cambados, Galicia, inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia o 27 de marzo de 2012, co número 16.403, e C.I.F. G-94062866. Para máis información, solicite os nosos Estatutos.

Obxetivos

Artigo 3 dos Estatutos:A existencia desta asociación ten como obxectivo a promoción de todo tipo de actividades culturais e lúdicas e, sen carácter exclusivo pero con especial énfase, na promoción das seguintes expresións culturais: fotografía, vídeo, deseño gráfico, pintura, outras formas de artes plásticas, e demais formas de expresión visuais e audiovisuais. Outro obxetivo específico da asociación será a dinamización destas actividades culturais en sectores en risco de exclusión social.”

Xestores

  • Presidente: Marcos A. Escudeiro Vieites                (Flickr)
  • Vicepresidenta: Claudia Silva González                 (Flickr)
  • Secretario e tesoureiro: Iago Pillado Losada       (Flickr)

Cómo participar

Dende Click Cambados animamos a todo o mundo a colaborar con nós. Envíanos a túa foto a info@clickcambados.com cun breve texto descriptivo (autoría, data, lugar, datos tecnicos, …) e iremos poñéndoas na nosa páxina. Se tendes a foto noutra páxina, Tumblr, Flickr… poñede tamen o enlace. A asociación está centrada en Cambados, pero tanto as fotos como, por suposto, a xente que as mande, poden ser de calquera lugar.

Dereitos reservados

Todas as fotos desta páxina web teñen os dereitos reservados e non poderán ser utilizadas sen o consentimento do autor/a.

Advertisements