Fotógrafos: Brassaï (1899-1984)
Moitos fotógrafos retrataron a noite de París, pero ningún acadou a fama de Brassaï. Baixo ese seudónimo traballou o húngaro Gyula Halász (09/09/1899-08/07/1984), que se mudou á cidade cando tiña 25.
Nesa época de entreguerras, París era o maior foco cultural de Europa e un dos maiores do mundo. En 1933 publicou o libro Paris de nuit, que axiña se convertiu nun éxito. As súas imaxes nocturnas de cabarets, artistas, amantes, gárgolas, rúas valdeiras, cafés, ou o río Sena, contribuíndo a divulgar a parte bohemia da cidade.
Fotógrafos: Joel Meyerowitz (1938)
Cando comenzou a fotografía en color, moitos fotógrafos resistíanse a apreciala como un arte. O neoiorquino Joel Meyerowitz (6/03/1938) foi un dos principais defensores de que non só en branco e negro se podía obter un resultado artístico. Logo de alternar as dúas técnicas, desde hai corenta anos só fotografía en color.
Autor de dezaseis libros, recoñecido e premiado en todo o mundo, Meyerowitz foi o único fotógrafo ao que se lle permitiu entrar na Zona Cero de Manhattan, xusto despois dos atentados do Once de Setembro.
Páxina: www.joelmeyerowitz.com/
Fotógrafos: Gjon Mili (1904-1984)
Nado en Albania, criado en Romanía, e finalmente asentado nos EUA, Gjon Mili (28/11/1904-14/02/1984) foi un fotógrafo recoñecido polos seus retratos en branco e negro de artistas para a revista LIFE. Mili emigrou aos EUA para estudar enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. No 1937, inspirado polos traballos sobre a luz estroboscópica realizados por Harols Edgerton nesa institución académica, comenzou a empregala nas súas fotografías.
Cubreu así mesmo o xuízo a Eichmann en Xerusalén, a rodaxe da película “West Side Story”, ou improvisadas sesións de jazz no seu propio estudio, nos anos 40. Pero se por algo é lembrado é polo seu modelo estrela; o pintor malagueño Pablo Picasso, ao que retratou durante case vinte anos.
Máis imaxes: LIFE
Fotógrafos: Bernard Plossu (1945)
Bernard Plossu, nado en Vietnam o 26/02/1945, é un fotógrafo francés especializado en reportaxe de viaxes. O Sahara, Chiapas, o Oeste dos EUA, a India ou Níxer son algúns dos lugares que retratou. Se ben nun principio comenzou facendo reportaxes a cor, desde 1975 só utiliza o branco e negro.
Máis imaxes: bernardplossu.virtualgallery.com
Fotógrafos: John T. Daniels (1873–1948)
Non só os fotógrafos profesionais acaban pasando á posteridade. Ás veces abonda con estar no momento oportuno. Foi o que lle pasou a John T. Daniels (1873–1948), que ata tal día coma hoxe, no 1903, nunca usara unha cámara.
Ese 17 de decembro, sen embargo, a petición dos irmáns Wright fotografiou o primeiro vóo a motor sustentado e controlado da Historia, en Kitty Hawk, Carolina do Norte. Para pasmo dos presentes, unha máquina foi capaz de manterse no aire durante doce segundos, percorrendo 36,5 metros. O rexistro da fazaña permiteu, ademáis, que os irmáns obtiveran a patente dese prototipo de avión, o Flyer I.
Fotógrafos: Mario Tama
Mario Tama é un fotoxornalista con base en Nova York. Graduado en fotoxornalismo en 1993, comenzou traballando para xornais da área de Washington, e en 2001 fichou pola prestixiosa Getty Images.Cubreu as guerras de Afganistán e Iraq, o terremoto de Haití, ou a devastación que causou en Nova Orleans o Furacán Katrina, así como a evolución desa zona os anos posteriores. A esta última serie corresponde esta imaxe, tomada o 6 de setembro de 2005, logo do paso do furacán.