Fotógrafos: Mary Ellen Mark (1940)

Mary Ellen Mark (20/03/1940) é unha fotógrafa estadounidense famosa polos seus retratos en branco e negro. Abarca dende o retrato de actores coma Johnny Depp, Jeff Bridges, Woody Allen ou o elenco de “Apocalipse Now” durante a rodaxe, ata o fotoxornalismo.

Nesa última faceta, adoita a retratar a nenos pobres, céntrase en amosar o contraste entre a súa candidez e o contexto no que viven.

Páxina web: www.maryellenmark.com

Fotógrafos: José Bellver (1896-1968)

Arco de Fefiñáns

José Bellver Álvarez, nado en Ponferrada en 1896 e finado en Pontevedra en 1968 foi un xuíz e fotógrafo afeccionado, recordado polas súas fotografías e gravacións cinematográficas de Galicia na primeira metade do século XX.

Maila nacer fortuitamente en Ponferrada, por mor dunha viaxe dos seus pais, durante os primeiros vinte anos da súa vida residiu en Madrid. Alí cursou o bacharelato e carreira universitaria. O 18 de xuño de 1925, un ano despóis de que o destinaran a Galicia, casou con Antonia García-Alix.

Bellver licenciouse na Facultade de Dereito da Universidade Complutense. Logo de obter o cargo de xuíz, en 1924 foi destinado a Cambados, onde permaneceu ata o 1933, vivindo durante esa época no Pazo de Ulloa. Durante estes anos naceron os seus cinco fillos; Carlos, María del Carmen, Mercedes e Francisco José. É nesta época de residencia en Cambados cando realiza o groso da súa producción.

Despóis desta época foi destinado a Caldas de Reis, onde só estivo ata o 1934, e durante o cal se desprazou ocasionalmente ata Ortigueira. Logo deste lapso asentou en Redondela, onde resideu ata o 1940. Nesta vila nacerou os seus fillos Ramiro, José Ángel e María del Pilar. Durante este periodo desprazouse en 1939 ata Albacete como Auditor de Guerra. Finalmente trasládase ata Pontevedra, onde foi nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra, residindo a partir daí na capital da provincia. Durante os anos 60 padeceu arterioesclerose, finando en 1968.

Traxectoria artística

1) Fotografía

Afeccionado á fotografía, caracterizoue por un estilo etnográfico e costumista. A súa obra caracterízase por cinco grupos temáticos; paisaxe, retrato, tipos populares, arquitectura, e o mar, sendo este último tema o máis abundante.

No ano 1926 obtivo o diploma de honra nunha exposición celebrada no Centro de Galicia en Madrid. En 1944 publicou unha colección de postais co nome Estampas Gallegas, editadas polo libreiro pontevedrés Luís Martínez Gendra. Colaborou con varias revistas gráficas, como Sonata Gallega, Industrias Pesqueras ou Vida Gallega. Realizou exposicións en Vigo e Pontevedra, e no 1946 é socio fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, da que foi o primeiro presidente. Bellver, tamén pintor afeccionado, en ocasións retocaba os negativos, ou ben pintaba sobre as súas fotografía.

No ano 1984 a Deputación de Pontevedra publicou unha escolma das fotografías realizadas entre 1920 e 1950. Parte da súa obra consérvase no Museo de Pontevedra.

2) Gravacións

Bellver empregaba nas súas gravacións unha cámara Pathé Baby. Na actualidade, consérvanse tres horas de gravación realizadas entre 1929 e 1932, repartidas en vintenove latas. Ditas latas permaneceron no esquencemento durante décadas, ata que os seus herdeiros as descubriron nun baúl na súa vivenda en 2009. Algúns dos lugares recollidos son a Porta do Sol en Vigo, a Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, ou a Armada inglesa atracando no porto de Vilagarcía de Arousa.

Xunto coas escenas de Galicia, Bellver rodou, en compañía duns amigos, unha curtametraxe de ficción sobre unha historia de amor non correspondido.

O realizador Xes Chapela estrenou en decembro de 2011, no Centro Galego de Artes e Imaxe, o documental Milímetros. Nel mistúranse as gravacións de Bellver con outras sobre os mesmos lugares, realizadas na actualidade.

Exposición en Cambados

Esta tarde ás 20:00, no Pazo de Torrado, ubicado na Rúa do Príncipe, Cambados (mapa), inaugúrase a exposición fotográfica Fotografías de José Bellver, 1920-1950, composta por 62 imaxes. Algunhas das imaxes aparecen recollidas no recomendable blog Fotos antigas de Cambados.

Fotógrafos: Peter Lindbergh (1944)

Algúns fotógrafos, a base de ter un estilo moi definido, conseguen que o gran público identifique a súa obra, mesmo cando non coñece ó autor. Os retratos en branco e negro do alemán Peter Lindbergh (1944), inspirados no cine mudo dos anos vinte e na súa infancia nunha rexión industrial, son unha bóa mostra.

Cunha ampla traxectoria coma fotógrafo de moda, Lindbergh acadou sona retratando modelos durante as décadas dos oitenta e noventa, coma esta fotografía que foi portada na revisa Vogue en xaneiro do 1990.

Portada de Vogue en xaneiro de 1990

Fotógrafos: Luc Viatour

Cada día, a páxina Wikimedia Commons, o servizo de almacenamento de arquivos das wikipedias, selecciona unha imaxe para a súa portada. Adoitan a destacar tanto pola temática como polo seu alto nivel técnico.

Por exemplo, o 28 de agosto de 2012, a portada correspóndelle a este cervo no bosque de Freyr, preto de Han-sur-Lesse, Bélxica. O autor é o fotógrafo Luc Viatour, e podedes atopar máis mostras da súa obra na súa páxina en Commons e na súa web.

Técnica: a regra dos tres terzos

Á hora de encadrar unha imaxe, é aconsellable respetar a regra dos tres terzos. É sinxelo; para que unha imaxe resulta harmónica á vista, hai que dividila en tres franxas horizontais e outras tantas verticais (nove cadrados ou rectángulos). Facede a proba con esta imaxe.

Paisaxe en Forcarei. Autor: Iago.

Paisaxe en Forcarei. Autor: Iago.

A que é doado saber onde están esas divisións? En horizontal está o chan; a vexetación e os montes ao lonxe; e o ceo. En vertical, xa non se cumpre tanto; ambos lados do valado, e o espazo co camiño; se ben este terzo central ocupa máis espazo que os laterais.

As liñas verticais e horizontais xúntanse nos chamados puntos fortes. Neses catro puntos é onde instintivamente prestamos máis atención. Na imaxe que poñemos de exemplo, eses puntos fortes son as partes superior e inferior das dúas estacas que delimitan o peche.

Habitacións reflexas

■HABITACIÓNS REFLEXAS■

9 de noviembre a la(s) 21:00 – 25 de noviembre a la(s) 19:30
Marta Barros Carnero Ferrol  (1967) Autorretrato del miedo

Marta Barros Carnero
Ferrol (1967)
Autorretrato del miedo

■Exposición colectiva do OUTONO FOTOGRÁFICO■

■Curadora: Carolina Martínez Rodríguez■

■Fotógrafos participantes: Jesús Arenas Mesa, Marta Barros Carnero, Rocío Brage Fernández, Cristina García Zarza, Carolina Martínez Rodríguez, Ángel Manso Fernández, Helena Segura-Torrella.■

■Máis información en [www.outonofotografico.com/2011/pdf/habitacions_reflexas.pdf]■

Sala de Exposicións- Pazo Torrado – R/ Príncipe, 10.Cambados