Exposición e venda “Fotos na Praza” Praza das Rodas, Fefiñans, Cambados

Este venres 8 de xuño inauguramos con gran éxito de asistencia a primeira exposición colectiva de Click Cambados, sendo os autores das fotos Iago Pillado, Claudia Silva e Marcos Escudeiro. A mostra estará  nas fachadas dos bares (en caso de mal tempo no interior) situados na Praza das Rodas, Fefiñans (36630) Cambados ata o 24 de xuño e durante o horario de apertura dos establecementos colaboradores: Lume de Leña, Vago Viños, A Casa da Leña e A Fonte do Viño

A posta en escena contou coa colaboración do grupo musical “Gerundio Canto” composto por Tino González, José Mª Trigo e Félix Solla aos que dende aqui lle queremos dar as GRACIAS.

O resultado acadado neste primeiro acto público da asociación fainos pensar en novas actividades, cursos, exposicións, excursións fotográficas… para elo necesitamos recadar fondos, e por eso os recursos conseguidos coas vendas das fotos adicaranse exclusivamente a actividades da Asociación Cultural de Fotografía Click Cambados.

Valentín Paz-Andrade

É un pracer mudar as fotos por letras nestes días,  e facer a nosa pequena homenaxe a Valentín Paz-Andrade e a Galiza, mudando a nosa imaxe de cabeceira e difundindo a figura de Paz-Andrade.

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

Fonte: http://www.valentinpazandrade.es

Colaboración: Cousas de Quico

Hoxe imos a inaugurar a nosa sección de debuxos, pois non todo van ser fotografías nesta vida.

Unha boa forma de facelo é cos debuxos de Quico, que aínda sendo en moitos dos caso  para un público infantil  non deixan de ter sátira social e estar de plena actualidade. Podedes desfrutar de moitos máis no seu blog  Cousas de Quico

Marcapáxinas para non perderse entre tanto libro.

Con estas viñetas gañou o 1º Concurso Internacional “La tira por los derechos humanos” que convocara a Fundación Fernando Buesa Blanco.

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…

Se queresdes saber algo máis deste artista afincado en Santiago, clientes editoriáis, premios…,visitade o seu blog: Cousas de Quico

Gambia visto por: Jacobo Domínguez

Gambia

Gambia

Esta colaboración de Jacobo  amosa aos nenos dunha aldea de Gambia, que pouco afeitos ás cámaras  desfrutaban posando para despois verse retratados. A foto foi tomada durante unha visita acompañando unha ONG que repartía arroz e aceite na que tamén había dous médicos cubanos que ían atendendo aos enfermos máis graves.

Autor: Jacobo Domínguez Pedreira Lugar: Gambia

Torre de Belem. (Lisboa)

Autor: Ángel Torres Lugar: Torre de Belem (Lisboa)

Ángel fainos chegar unha incrible foto da  Torre de Belem.

Comentounos que ese día non levaba a súa cámara, pero non quería desperdiciar a estampa que ofrecian as nubes e utilizou o teléfono, o cual tal e como el nos comenta lle beneficiou ao ter o lente unha distancia focal curta (semellante a un gran angular) axudando deste xeito a darlle esa maxestuosidade ás nubes.