Fotografía nocturna. Practicando.

A fotografía nocturna é toda unha experiencia. A moitos nos gustaría dominala, pero non é fácil. De todos os xeitos e a pesar do mal tempo decidinme a facer unha primeira incursión. Espero que a primeira de moitas.

Dous foron os escenarios escollidos, a Torre da San Sadurniño e  As ruinas de Santa Mariña, en Cambados. Da Torre non tiven resultados, debido a ausencia de lúa e á falta de práctica, o que fixo que me decidise polo outro típico escenario Cambadés con algo máis de luz, As ruinas.
Estes foron os resultados.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 3.5
V 15 segundos
3 disparos de flash no interior.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 6.3
V 60 segundos
2 disparos de flash no exterior
3 disparos de flash no interior

Colaboración: Muelles, de Daniel Chapela Cordeiro

 

Daniel Chapela Cordeiro achéganos imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer. Estas pertencen ao seu proxecto personal Muelles. Podedes ver o seu traballo completo aquí.

Aquí a súa explicación:

“¿Que acontece cando sabemos que algo vai desaparecer? ¿Cando entra nunha etapa de decadencia e decatámonos de que é irremediable a volta atrás, quedando como un recordo, unha sombra do que foi?

Nese momento, cando te decatas de que está a rematar comezas a ver cara a atrás, a recompilar eses recordos prezados, collendo forzas para o adeus definitivo.

Algo parecido é o que me acontece cos peiraos, a desaparición destes, é cada vez é máis acusada, moitos deles por falta de uso, outros porque quedarán incluídos dentro doutros moito maiores e con usos totalmente distintos.

Dende a miña infancia pasei días e días, pescando, xogando ou simplemente tomando o sol e charlando nun destes peiraos. Ao ver que cada vez desaparecen e faise máis difícil encontralos doume conta das sensacións que me transmitían e aínda hoxe en día me seguen transmitindo. Cando estás nun destes sentes unha sensación de calma, sosego, plenitude e admiración.

Recordo os días no peirao, o sol, a brisa e o mar, aquel arrecendo a mar que o enchía todo, días de felicidade. Os días de tormenta amplificabanse vendo o mar picado, as ondas chocando contra as rochas, as nubes negras, creando un ambiente sublime que me deixaba impresionado. O adeus é inevitable pero sempre  quedaranme os meus recordos, as miñas imaxes que agora comparto, imaxes que mostran algúns dos poucos peiraos que quedan e aqueles tesouros que nos podemos encontrar neles, esas arandelas de amarre, as cordas, as redes que co paso do tempo avellentan xunto ao seu dono, o peirao. Un envellecemento que o leve talvez  ao seu final pero que parece embelecelo cada día que pasa.

Será un adeus, pero non de todo real, pois sempre estarán na miña memoria.”

Colaboración: Juan Rey

Carril
1/200
f/5.6
iso 800
55mm

Nogueira de Ramuín
1/2000
f/5.6
iso 400
55mm

Ponte Maceira
1/2500
f/5
iso 800
32mm

San Xusto
20 seg
f/29
iso 100
30 mm

Gracias por esta nova colaboración a Juan Rey que aínda que asegura que non ten ningunha fixación coa auga; vos diredes…

A modo de curiosidade podemos salientar os distintas formas de fotografiar a auga. Na primeira foto, cunha velocidade de obturación de 1/200 segundos, a auga fica paralizada, mentres que na última foto, cunha velocidade de 20 segundos, a auga queda plasmada como unha manta suave.

Animádevos a probar, a fotografiar a auga con distintas velocidades de obturación, pero ollo, as veces necesitaredes un trípode.!!!

Colaboración: Stella Míguez

Imaxe

Imaxe

Chámome Stella Míguez, e nacín o nove de novembro de 1992 en Portonovo. Dende pequena crecín    observando ao meu pai facer fotos coa súa analóxica, e pouco a pouco comecei a poñer interese por este pequeno mundo. Ata hai uns anos todo o que levaba aprendido era de investigar polos libros, ver tutoriais e ler nos foros de internet. Agora mesmo estou na capital compostelana estudando fotografía artística. No que as miñas fotos se refire, gústanme as composicións limpas e sinxelas, e os temas que máis trato son os retratos, os espazos urbanos, a arquitectura e a natureza.

Ver máis fotografías na conta de Flickr.